Thursday, September 24, 2009

Impunidade para a agresión. Prohibido resistir

Fai aproximadamente un mes, a asociación de presxs palestina Addameer, xunto coa campaña Stop The Wall, presentaban un exhaustivo informe (Repression allowed, resistance denied. Israel’s supression of the popular movement against the Apartheir Annexation Wall) sobre a xenealoxía da campaña e das organizacións conexas e a súa continuada represión.

No informe recóllese detalladamente a singladura da represión contra os movementos sociais que se opoñen ao Muro do Apartheid israelita desde o 2002 -ano en que se promulgou a súa construcción- mediante organizacións horizontais, non-violentas e que teñen coordinación a través de Stop the Wall. Destacan a aplicación do castigo colectivo contra as vilas en que hai actividade destas organizacións e a persecución selectiva de activistas a través da brutalidade militar e burocrática, que endurecen as prácticas xeneralizadas da ocupación; incursións militares, asasinatos, palizas, confiscación de terras, demolición de casas, imposición de toques de queda, detencións administrativas, etc.

Mohammed Khatib

Nas escasas catro semanas que siguen á publicación do informe varixs manifestantes recibiron disparos con munición real, Mohammed Khatib, do comité popular de Bil’in, recibíu unha malleira durante unha incursión militar en varias casas da vila e Mohammed Othman, do comité popular de Jayyous e da campaña Stop the Wall, foi arrestado sen cargos (baixo detención administrativa) na fronteira con Xordania cando voltaba dunha xira informativa por Noruega.

Campaña pola liberación de Othman

Desde a súa detención na Ponte de Allenby, son escasas as novas que se teñen de Mohammed Othman. Atópase baixo detención administrativa en Huwwara (Nablus). A Orde Militar 1229 permite aos comandantes militares resolver a detención administrativa por prazos renovables de seis meses dxs habitantes dos Territorios Ocupados sen necesidade de cargo ou proba.

Xa se puxo en marcha unha campaña internacional de presión social pola liberdade de Othman, todas as indicacións e novidades están dispoñibles no blogue http://freemohammadothman.wordpress.com/

Vinte días de prisión para un activista israelita

Kobi Snitz, á entrada do centro de detención de Abu Kabir

Kobi Snitz, do colectivo Anarquistas Contra o Muro, ingresou o pasado día 21 no centro de detención de Abu Kabir para cumplir unha sanción de 20 días de privación de liberdade. Impútaselle ter estorbado o traballo das autoridades israelitas durante a demolición dunha casa palestiniana en Kharbatha no 2004.

Para visibilizar a asimetría entre a impunidade das agresións israelitas (coa complicidade da Unión Europea e os Estados Unidos, mesmo os crimes cometidos durante a Operación Chumbo Fundido sobre Gaza quedarán libres de castigo) e a aplicación dunha lexislación de apartheid contra xs palestinianxs (calquera adolescente árabe tería pasado meses ou algún ano en prisión polos mesmos feitos), Kobi ingresou no centro negándose a aceptar o pagamento dunha multa de 2000 shekels israelitas e tres meses de liberdade condicional.

No comments:

Post a Comment